El PP le pide a la Diputación la certificación de obras de cuatro residencias de mayores de la provincia

Antonio Ameijide, durante una visita al Centro de Mayores de Becerreá
El portavoz Antonio Ameijide considera que los centros de A Pontenova, A Pobra do Brollón, Guitiriz y Becerreá ya deberían estar en funcionamiento

Antonio Ameijide, portavoz provincial del PP, ha informado de que el Grupo Popular le pidió el 2 de septiembre a la Diputación acceso a la copia de las certificaciones aprobadas hasta la actualidad y la documentación relacionada con las obras de construcción y puesta en marcha de los centros de atención a mayores de A Pobra do Brollón, Guitiriz, A Pontenova y Becerreá. «Trátase de centros comprometidos polos diferentes gobernos socialistas e nacionalistas que tivo a Deputación de Lugo dende 2007 e que todos deberían de estar xa en funcionamento», afirmó Ameijide.

El portavoz de los populares manifestó que «a Deputación Provincial de Lugo é a propietaria dunha rede de centros de atención a maiores situados en distintos concellos da provincia. Algúns dos centros xa teñen posto en marcha o servizo de residencia, outros están rematados e pendentes de apertura, como é o caso do CAM comarcal de Becerreá; outros levan anos comprometidos e pendentes de executar as obras, e outros aínda están en construción, como é o caso de Guitiriz ou A Pontenova. Queremos acceder a toda esa documentación porque é a proba fidedigna de todo o que se fixo ata agora neses centros e o único xeito real de coñecer o estado real das obras».

Sobre la residencia de Becerreá, Ameijide comentó que «se trata dun centro comarcal que leva máis de tres anos rematado e pechado porque José Tomé, o PSOE e o BNG teñen rencillas persoais contra o alcalde da localidade». El miembro del PP indicó que «o pasado 19 de xullo se solicitou ao goberno provincial a posta a disposición de data e hora para que os deputados populares puidesen acceder ao interior para ver os posibles danos que o paso do tempo puido producir no interior. A realidade é que teñen moito que agochar, xa que nin resposta deron á petición».

«Se José Tomé non pon a disposición unha data, non teremos máis remedio que volver a poñer en coñecemento da Valedora do Pobo as trabas reiteradas ao noso traballo como oposición», amenazó Ameijide, quien también expuso que «a Valedora do Pobo xa ditaminou en marzo que José Tomé, o PSOE e BNG vulneran dereitos fundamentais protexidos na CE, algo que reafirma de forma contundente a Valedora apoiándose en doutrina do Tribunal Constitucional que sinala que o dereito do artigo 23.2 quedaría baleiro de contido ou sería ineficaz se o representante político vísese privado do mesmo ou perturbado no seu exercicio. Ademais, a Valedora do Pobo esixiu a José Tomé que se garanta a libre entrada das persoas deputadas provinciais ás dependencias da Deputación de atención directa á cidadanía; e que nas dependencias nas que se desenvolvan tarefas propias da Deputación, pero sen atención directa á cidadanía, se estableza un réxime de acceso cunha sinxela comunicación previa».