El PP de Pol califica de «pésima» la gestión económica del alcalde
El PP de Pol asegura padecer una «rotunda preocupación polo desastroso estado das finanzas municipais, provocado pola neglixente e ineficaz xestión do alcalde, que segue a levar ao Concello por un camiño de ruína económica». «Así o claramente os informes de Intervención, que deixan en evidencia a falta de previsión e o descontrol na administración dos recursos públicos», argumentan.
La portavoz Nicole Grueira señala que «un exemplo máis que claro desta mala xestión é o recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de 36.761,06 euros, ao que o PP se opuxo de maneira contundente. Non podemos permitir que o alcalde siga gobernando a golpe de recoñecementos extraxudiciais, sen planificar nin dar solucións reais á crise económica. Este tipo de prácticas son a mostra dunha xestión irresponsable e dunha total falta de capacidade para resolver os problemas do Concello».
Según Grueira, «a débeda municipal segue a medrar de forma alarmante, estando xa en máis de 3 millóns e medio de euros, aos que se suman 200.000 euros de impagos no que vai de ano.O alcalde está levando ao Concello ao borde da bancarrota. A súa falta de xestión está facendo que Pol se afunda cada vez máis na débeda e na ineficiencia». «O Concello segue a operar con orzamentos prorrogados de 2022 sen ofrecer alternativas nin solucións claras dos problemas financeiros. Xa non se pode tolerar máis a falta de acción. Pedímoslle ao alcalde que deixe de xogar co futuro do Concello e se poña a traballar por Pol e os seus veciños, deixando de lado os seus intereses persoais e a súa incapacidade para gobernar», expone.