Elena Candia, presidenta del PP de Lugo, afirmó hoy que «o Goberno de Sánchez contradí ao secretario xeral dos socialistas galegos e a unha das súas propias vicepresidentas. Mentres José Ramón Gómez Besteiro e Yolanda Díaz teñen manifestado a súa oposición á implantación da biofábrica de Altri en Palas de Rei, o Executivo de Sánchez amosouse a favor de proxectos industriais que cumpran a lexislación vixente e a normativa ambiental».
Además, Candia lamentó el posicionamiento sobre Altri de Besteiro, de quien dice que «tense corrixido a si mesmo: un día dicía que non podía acceder a fondos públicos porque non cumpría parámetros e outro aseguraba que non se pode evitar que opte a fondos europeos se cumpre os requisitos». «Hai que confiar no traballo rigoroso dos técnicos que son os que deben informar e determinar se cumpre ou non coa lexislación vixente», apuntó.
El senador José Manuel Barreiro insistió en la «desautorización do Goberno á vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, e tamén ao secretario xeral do PSdeG. Quedaron en evidencia, porque, en resposta oficial, o Executivo di que favorecerá a atracción de novos proxectos industriais que sexan compatibles co cumprimento da normativa medioambiental». «Se cumpre coa lexislación vixente, hai que apoiar calquera proxecto de desenvolvemento industrial en Galicia. Tomar outra decisión en base a calquera outro criterio sería prevaricar», indicó.
Barreiro adelantó que preguntará en el Senado al ministro de Industria «cal é a posición do Goberno sobre Altri para evitar calquera tipo de interpretacións». Además, lamentó que «se o BNG gobernase, o de Altri sería un dos proxectos estrela. Incluso a propia Comisión Europea respondeu ao BNG que non apreciaba ningunha infracción ás directivas sobre emisións e impacto ambiental».
Pablo Taboada, alcalde de Palas de Rei, afirmó, sobre Altri, que «hai que agardar aos ditames dos técnicos para determinar se é viable e se cumpre coa lexislación e a normativa vixente. Este proxecto débese tratar con seriedade e non con ningún outro tipo de interese que nada teñen que ver co proxecto. Foi apoiado de forma unánime polo pleno da corporación municipal no seu momento e axudaría ao desenvolvemento da comarca e do rural. Non esquezamos que é o maior investimento na provincia nos tempos que eu recordo. Debemos falar de creación de postos de traballo, de oportunidades para o futuro do interior de Galicia».