O Valadouro celebra unha nova edición da súa Feira do Mel
Un obradoiro de extracción de mel na Casa da Cultura, a cargo da Asociación Galega Apícola, dará inicio a unha ampla axenda de actividades formativas e lúdicas ao redor da cultura do mel, que terá como día grande o sábado —14 de outubro-— coa feira, con postos de produtores de mel locais e doutros puntos de Galicia, e tamén con outros produtos de outono.
O deputado de Medio Rural, Daniel García, achegouse este martes ao Valadouro para seguir os últimos preparativos da feira e, acompañado polo tenente alcalde, Eduardo Chao, interesouse pola actividade de apicultores e apicultoras do concello.
O responsable provincial valorou «a importancia da feira do mel para poñer en valor o produto e dinamizar o concello» e destacou «a calidade do mel do Valadouro, con producións premiadas en prestixiosos certames que son embaixadoras do concello». Remarcaron tamén «a relevancia da actividade vinculada ao mel como actividade económica e de conservación do territorio e da paisaxe». .
A feira inclúe por primeira vez unha xornada micolóxica, que se desenvolverá o domingo e que porá en valor outros dos produtos estrela do outono.
Esta é a súa programación:
Mércores, 11 de outubro
- 10 h. Obradoiro de Extracción de Mel para nenos de 3 a 12 anos, pero aberto a todo o público, na Casa da Cultura do Concello de Valadouro a cargo da Delegación da Asociación Galega Apícola de Mondoñedo.
Venres, 13 de outubro
- 18 h. Abellas!, espectáculo de narración oral con Avelino González, dentro do programa Ler Conta Moito coordinado pola Biblioteca Municipal do Valadouro, na Casa da Cultura do Valadouro.
- 20 h. Conferencia sobre a Varroa e outras enfermidades das abellas impartida pola Veterinaria da Casa do Mel de Goente do Concello das Pontes.
Sábado, 14 de outubro
- 10 h. Apertura da Feira do Mel e produtos de outono na Praza de Santa María e nas rúas de Ferreira.
- 11 h. Obradoiro de Velas a cargo de Devalo, especialmente dirixido a nenos e nenas, con prazas limitadas para un correcto funcionamento e aproveitamento do obradoiro.
- 12 h. Pasarrúas co grupo Carricantos.
- 13 h. Degustación de cócteles a cargo dun alumno da Escola de Hostalaría de Foz.
- 18 h. Obradoiro para adultos e nenos/as sobre trampas de velutinas dirixido por José María Vázquez, xerente da empresa SERPA.
- 20 h. Actuación de Jinetes del Trópico.
Domingo, 15 de outubro
- 9.30 h. Xornada Micolóxica: Saída da Praza de Santa María de Ferreira nun bus gratuíto para unha actividade de recoñecemento e recollida de exemplares de cogomelos asesorados por Jesús Blanco, experto micólogo e membro da Asociación Os Bolouros.
- 13.30h. Sesión vermú con Brétema Band.
- 14.30 h. Degustación dunha Paella Xigante a base de cogomelos.