Presentan o cartel da 867 edición das San Lucas, obra de Xosé Vizoso
04 de agosto de 2023 (18:34 h.)
O deputado de Medio Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, participou esta tarde, xunto a Asociación de Amigos das San Lucas e representantes do Concello de Mondoñedo, na presentación do cartel da 867 edición das San Lucas, obra de Xosé Vizoso.
A descuberta do deseño fíxose na Fonte Vella, que viu medrar e adquirir a súa personalidade artística a Xosé Vizoso, que naceu nunha casa a escasos metros deste lugar emblemático de Mondoñedo.
Daniel García sinalou que «contar con un cartel de Xosé Vizoso é a mellor carta de presentación posible para unha festa tradicional e icónica como as San Lucas e fala, sobre todo, da xenerosidade do artista que coa súa creatividade vén contribuíndo a dar relevancia e continuidade dunha tradición secular».
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora na organizacion das San Lucas, que se celebrarán do 17 ao 22 de outubro, cunha achega de 20.000
euros.