El PP reclama plazos y compromisos para arreglar la N-540
Los diputados provinciales del PP exigirán en el próximo pleno que la Diputación «reclame ao Goberno central compromisos concretos no arranxo da estrada N-540 para a que so vemos promesas nos medios de comunicación pero ningún feito real». «De nada nos valen os anuncios do Goberno do Estado de traballar no arranxo trala Semana Santa xa que non dan ningunha data nin explican por onde comezarán a traballar, polo que moito nos tememos que estamos ante outro anuncio carente de compromiso e traballo», argumentó el portavoz Antonio Ameijide.
Ameijide se preguntó «onde están os máis de 10 millóns de euros anunciados para o arranxo desta estrada. Polo de agora, o único investimento que vimos os lucenses non chega nin a 200.000 euros, en 2024, e os traballos de mantemento están parados dende xuño, salvo algún parcheo moi puntual, nun novo insulto a todos os lucenses». El portavoz del PP señaló que «urxe o arranxo desta estrada, transitada a diario por miles de vehículos. O plan de rehabilitación anunciado o ano pasado polo Goberno de Pedro Sánchez foi electoralista e insuficiente, xa que precisamos o arranxo integral e inmediato desta vía, non un plan a máis de 3 anos. Estamos ante un novo desprezo para os lucenses, xa que “o goberno de Mariano Rajoy contemplaba un plan de reforma desta estrada cun investimento de 20 millóns de euros, pero o Executivo central nin sequera o ten en conta, xa que os socialistas da provincia miran cara outro lado».
En opinión de Ameijide, «a importancia desta estrada nacional para a vertebración da provincia é fundamental, xa que se trata dunha vía que comunica vilas importantes do centro e sur da provincia como Guntín, Portomarín, Taboada, Chantada ou Carballedo. O estado desta estrada nacional é un novo exemplo do pouco que se fixo polo mantemento desta vía e supón outra mostra do abandono das infraestruturas titularidade do Estado na nosa provincia».