El PP de Lugo reclama que se construya una acera en la Virxe da Soidade
Elena Candia y Ramón Cabarcos, concelleiros del PP de Lugo, reclamaron al Concello la construcción de una acera en la Rúa Virxe da Soidade. «A parálise deste proxecto é un claro exemplo da ineficacia e a irresponsabilidade de PSOE e BNG, xa que estamos falando dunha intervención moi necesaria para garantir a seguridade tanto dos peóns como dos conductores que circulan por esta rúa que dá acceso ao colexio de As Gándaras».
La portavoz y el viceportavoz del grupo afirmaron que «en 8 anos, o goberno local non fixo esta intervención por falta de vontade, xa que a disculpa de que non identifican a un propietario está documentada no informe de xestión de Evislusa do ano 2018 e se volve a reiterar no de 2020».
En este sentido, incidieron en que «a excusa de que non se identifica ao propietario xa se expón no informe de xestión de Evislusa do ano 2018, así como no informe do ano 2020 onde se indica que se realizou unha investigación acerca da identidade dun propietario, ata agora descoñecido, dun dos predios afectados polo desenvolvemento das citadas obras de urbanización, cara a facilitar a xestión urbanística da obtención dos terreos por parte do Concello».
Candia y Cabarcos insistieron en que «na documentación aportada tamén se indica que, segundo figura na proposta de encargo do proxecto, se xustifica a necesidade desta intervención indicando que no tramo central existente nese viario está o Colexio de As Gándaras, o cal dispón de servizo de transporte escolar e na mesma rúa existen paradas de autobuses urbano. A esta situación de acumulación de vehículos de transporte escolar e urbano engádese a inexistencia de beirarrúas, o que provoca en determinados momentos situacións de certo perigo para os escolares e demais persoas que transitan por esta vía».