El PP de Lugo considera que «a mala xestión do BNG asfixia a mobilidade»

Carballas critica la política de movilidad planteada por el BNG en Lugo
Mar Carballas estima que «o modelo xera atascos, elimina prazas de aparcadoiro e prexudica á veciñanza e ao comercio local»

Mar Carballas, concelleira del PP de Lugo, considera que «é necesario un cambio nas políticas de mobilidade que Rubén Arroxo leva aplicando dende que está no goberno. Pretender que abrir os aparcadoiros dos institutos resolva os problemas de aparcamento en Lugo é facer demagoxia e simplificar un problema moito máis profundo. As acusacións do BNG son un intento descarado de desviar a atención dos seus propios erros de xestión no Concello».

Carballas estima que «o modelo de mobilidade impulsado polo BNG está a provocar graves problemas en Lugo. A peonalización desordenada, a redución de prazas de aparcadoiro e a falta de alternativas efectivas xeraron unha situación de caos na cidade, prexudicando tanto á veciñanza como ao tecido comercial. O BNG está a aplicar medidas sen planificación nin diálogo cos sectores afectados. As peonalizacións poden ser positivas, pero non poden levarse a cabo a costa de colapsar o tráfico, eliminar aparcadoiros e crear máis problemas dos que se resolven».

La concelleira popular recordó que «o 9 de decembro, Javier Arias trasladou formalmente á alcaldesa, Paula Alvarellos,a proposta de sinatura dun convenio para regular o uso destes aparcadoiros fóra do horario lectivo. Suliñaba que é imprescindible plasmar por escrito as condicións de utilización e as responsabilidades que asume cada parte, co obxectivo de garantir a seguridade xurídica e o bo funcionamento da medida, polo que se non están abertos a día de hoxe e por culpa da Alcaldesa e do seu concelleiro de Mobilidade, Rubén Arroxo».