El Partido Popular de Lugo afirma que el Gobierno local desvió casi 200.000 euros para pagar las obras del Centro Aquilino Iglesias, «un edificio que foi inaugurado, en marzo de 2023, ás portas das eleccións». «O decreto asinado o pasado 2 de outubro pola alcaldesa de Lugo aprobaba unha modificación orzamentaria para dar cobertura ás obrigas de carácter económico derivadas da revisión de prezos do contrato da obra», asegura la concelleira Mar Carballas.
Carballas señala que «este decreto é un exemplo de que o goberno local nos minte cando presumen de que o período de pago a proveedores está por debaixo da media, xa que facturas como estas mostran cal é a verdadeira realidade: hai pagos que non están rexistrados e non computan».
La concelleira popular estima que «o feito de que os fondos desviados procedan do proxecto de Aquavanza (PERTE da Agua destinado á investimentos para mellora da eficiencia e dixitalización do ciclo da auga) é preocupante, xa que eses cartos poderían destinarse a servizos esenciais que demanda a veciñanza como renovacións de tubaxes en puntos como Sánfiz, barrio da Ponte ou Rof Codina, entre outros».
«Este é un exemplo máis de mala xestión. Pídenlle un esforzo aos lucenses, cando eles sacan cartos de partidas que estaban encamiñadas a rebaixar os recibos da auga nun 10%. En vez dese desconto prometido, atopámonos cunha suba dun 25% aprobada polo PSOE e o BNG co voto en contra do PP», concluye Carballas.