El PP acusa a Tomé de gastar «máis de nove millóns de euros en convenios a dedo»

Ameijide reprocha que Tomé no trata a todos los concellos por igual
Describe al presidente de la Diputación como «solo e illado»

Antonio Ameijide, portavoz provincial del PP, acusa a PSOE y BNG, fuerzas que gobiernan la Diputación, de repartir «a dedo, sen ningún tipo de criterio obxectivo no que vai de 2024, polo menos, 9.000.000 de euros en 68 convenios e decretos de presidencia entre os seus afíns, unha cantidade que nas próximas semanas aumentará notablemente no que se coñece como as pedreas e o gordo de fin de ano do goberno provincial para os seus amiguetes».

El portavoz popular considera que «PSOE e BNG seguen a discriminar a máis da metade dos veciños da provincia». «Con esta forma de actuar, totalmente subxectiva e beneficiando a quen eles queren o que están a facer é fomentar as desigualdades dentro da provincia. Os números son os que son e semella que lles dá vergoña facelos públicos porque moitos dos convenios e decretos os agochan das roldas de prensa e das notas de prensa. Non lles dan publicidade porque se lles cae a cara de vergonza», agregó.

Ameijide denuncia que «en 2024, o 81% dos convenios aprobados en xunta de goberno provincial foron con concellos gobernados polo PSOE mentres que non houbo ningún para concellos gobernados polo Partido Popular. Queren axudar a determinados concellos en determinadas actuacións, privando ao resto de municipios de ter as mesmas oportunidades».

Además, el portavoz del PP asegura que «dentro dos convenios asinados, hai conceptos como o pago de orquestras ou gastos correntes, algo ao que se negaron tanto PSOE como BNG a que se incluíse dentro do Plan Deputación. Din non cando se propón incluír estes gastos nas bases do Plan Deputación, pero o que en realidade queren dicir é que non queren axudar nestes sensos a todos os concellos, só axudar aos gobernados por PSOE e BNG, de aí a sinatura dos convenios». «A realidade é que a Deputación está para colaborar con todos os concellos, de forma igualitaria, non de forma sectaria como fan PSOE e BNG, xa todos os municipios teñen necesidades, pero José Tomé segue negándose a atendelas en función da cor política do alcalde que goberna cada municipio; un trato desigual que se pode ver nalgo tan simple como que segue negándose a atender as peticións de entrevista realizadas polos alcaldes do Partido Popular», asevera.

Antonio Ameijide lamenta que José Tomé «pérdese nas descualificacións. Dende o PP seguimos coa mesma política, revisando os números e traballando polos veciños, ata acadar a igualdade na provincia xa que temos un goberno provincial caduco, sen ideas e un presidente nervioso e en branco e negro. A realidade é que Tomé está tan nervioso que ten que recorrer a este tipo de convenios porque é o único medio que ten para comprar apoios. É tan grande a inxustiza que a este tipo de manobras nunca lle dan publicidade nas roldas de prensa da xunta de goberno porque lles avergonza».