Olalla Rodil, diputada del BNG por Lugo, denunció la situación «de deterioro do cuartel de San Fernando, un ben emblemático e catalogado como Ben de Interese Cultural no centro da cidade». Además, criticó «o abandono prolongado desta infraestrutura, que presenta un estado de deterioro cada vez máis grave».
Rodil considera que «a Xunta de Galiza é a principal responsable desta situación». «O Concello de Lugo ofreceu a cesión do cuartel á Xunta co compromiso de darlle un uso adecuado. Vinte anos despois, seguimos igual ou peor. O Goberno galego non amosa ningún compromiso coa cidade nin co seu patrimonio. O BNG levará ao Parlamento galego unha nova iniciativa para aclarar os usos previstos para este edificio no futuro; entre outras cuestións relativas á cidade como a creación no Pazo de Dona Urraca, no barrio da Tinería, dunha sede do CGAC».
La diputada nacionalista exigió «actuar con urxencia para frear o deterioro do cuartel, especialmente agora que o Concello de Lugo investiu na mellora da contorna con novas medidas de peonalización que embelecen e fan máis accesible o espazo. Desde o BNG sempre defendemos a súa recuperación e agora é máis necesario que nunca para evitar que os danos vaian a máis».