Ameijide critica que «o goberno provincial pague con máis de 2 anos e medio de atraso as axudas aos Concellos afectados polos incendios do 2022»
Antonio Ameijide, portavoz del PP provincial, criticó «a falta de sensibilidade do goberno provincial de PSOE e BNG cos Concellos afectados polos grandes incendios do 2022, uns dos peores da historia da provincia. Vemos que as axudas do Estado a zonas afectadas por incendios que xestiona a Deputación de Lugo chegan realmente aos Concellos en xaneiro do 2025, é dicir, dous anos e medio despois»
Según Ameijide, esta demora «pouca preocupación, falta de vontade e pouco traballo». «O goberno de Tomé non estivo á altura, é indecente. As axudas da Xunta chegaron hai tempo e contribuíron a facer fronte ás necesidades ocasionadas polas perdas durante os lumes. Pero o Goberno de Sánchez e o goberno provincial de Tomé aínda están respondendo agora. Os Concellos de Quiroga, Palas de Rei e Baleira reciben esas axudas a comezos de 2025, a pesar de ter xustificado nalgúns casos en outubro do 2023», subrayó.
Además, el portavoz popular lamentó que «un dos principais afectados, o Concello de Folgoso do Courel, quedou fóra sen que o goberno da Deputación de Lugo fixera nada por axudar. Non tiveron vontade ningunha de colaborar co Concello nin cos seus veciños e veciñas. O goberno da Deputación de Lugo non asesora aos Concellos». «Trátase dun insulto aos lucenses», comentó.