El PP afirma que «Tomé foi un mentiroso cando falou dun pelotazo urbanístico en Paradai»
Elena Candia y Antonio Ameijide, portavoces del PP del Concello de Lugo y la Diputación, exigieron a José Tomé, presidente de la Diputación, «que pida desculpas públicas por todas as mentiras e calumnias vertidas contra o Partido Popular, especialmente contra o expresidente da Deputación Francisco Cacharro, en relación á venda de varias parcelas que o ente provincial ten en Paradai». Ameijide manifestó que «este proceso de venda de parcelas comezou en outubro de 2005 dende Suplusa, nun proceso avalado polo propio PSOE, xa que se aprobou por unanimidade dos membros deste ente e, dende entón, ningún dos diferentes gobernos socialistas que rexeron a Deputación de Lugo e que herdaron unha venda en condicións de total transparencia, pola que a Deputación debería ingresar 3.666.173,84 euros e que, tras case 20 anos, non só non se ingresou este diñeiro, senón que ata corremos o risco de ter que devolver os cartos ao promotor máis intereses de demora e veremos se tamén o lucro cesante».
El portavoz provincial de los populares indicó que «segundo un decreto do 20 de novembro de 2024, a Deputación de Lugo autoriza un gasto de 12.100 euros para a "Adaptación dos documentos para aprobación inicial do Plan Parcial S-13R do ano 2018 aos requirimentos municipais e nova lexislación", ou, o que é o mesmo, José Tomé recoñece que non fixeron nada por regularizar a situación en Paradai a pesar de que hai un ano que acusou ao Partido Popular dun suposto pelotazo inmobiliario que queda claro non existe. O problema real é que ningún dos gobernos de PSOE e BNG fixo nada por resolver esta venda de terreos e recoñece con este decreto tamén que todo estivo paralizado polos gobernos do PSOE e BNG na deputación e no concello durante estes anos».
Los populares insistieron en que «José Tomé é un mentireiro e un manipulador, xa que fartouse de acusar ao Partido Popular dun suposto pelotazo inmobiliario que queda claro nunca existiu».Además, ofrecieron una cronología sobre las fechas «clave» en la venta de los terrenos de Paradai:
«O proceso se inicia en 2004. En marzo dese ano remitiuse ao Concello de Lugo, dende Suplusa, o inicio do Plan Parcial de Paradai, do que se deu conta no Consello Administración de Suplusa en decembro de 2004, xuntanza na que estaban presentes representantes do PSOE, como José Ramón Gómez Besteiro, entre outros.
O procedemento continúa en outubro de 2005, cando comeza o proceso de venda de terreos próximos aos que hoxe están en cuestión. Proceso que se apoia por unanimidade, por tanto co apoio do PSOE, quedando patente que sempre se avalou por parte do PSOE a xestión do solo e urbanizables desta zona.
O 20 de outubro de 2006, de novo o PSOE deu o seu visto e prace á venda duns terreos na contorna de Paradai como tamén o fixo co prego que rexeu posteriormente a venda no Polígono Este C de Paradai.
No BOP de Lugo do 3 xaneiro 2007 publícase a venda pública destes terreos, un proceso apoiado polo PSOE nas xuntanzas de Suplusa.
A este concurso público concorreron tres licitadores, proceso que se adxudicou o 3 de marzo de 2007 por 3.666.173,84€, co voto favorable do PSOE.
As cláusulas deste prego establecen un primeiro pago do 30% a realizar no momento da adxudicación do concurso (1.099.000€). Un segundo pago, tamén do 30%, vinculado a trámites urbanísticos e, un terceiro e último pago, por valor do 40% restante no momento da adxudicación da parcela de substitución, algo que nunca se chegou a cumprir debido á falta de traballo por parte da Deputación e do Concello de Lugo que, baixo mandatos socialistas e nacionalistas nestes 18 anos en ambas institucións, nada fixeron por avanzar nesta venda de terreos.
A realidade é que os pagos non se puideron executar porque dende a Deputación e o Concello de Lugo non se cumpriron os compromisos adquiridos, algo que con este decreto queda totalmente acreditado».