El PP de Pol considera que «a veciñanza está moi enfadada coa compra do autobús por parte do alcalde»

Grueira considera que Pol tiene «necesidades moito máis urxentes» que la compra de un autobús
Nicole Grueira afirma que «o descontento é moi grande»

Nicole Grueira, portavoz del PP de Pol, asegura que «a veciñanza de está moi enfadada coa compra do autobús por parte do alcalde. O descontento é moi grande, xa que todos os veciños coinciden en que hai necesidades moito máis urxentes ás que destinar os cartos, como poden ser volver a designar un traballador municipal para abrir e pechar o colexio de Pol ou para que o municipio teña de novo un polideportivo cuberto e pechado».

La portavoz popular afirma que «a ningún pai e nai lle sentou ben a decisión unilateral do alcalde de retirar ao traballador municipal encargado de abrir e pechar o colexio, como tampouco lles gusta que destine todos os cartos a un campo de fútbol mentres ten o polideportivo sen rematar e aberto».

Además, se muestra muy crítica con el alcalde Lino Rodríguez, de quien dice que «a xestión é moi mellorable». «As nefastas decisións do alcalde, que destina os cartos do Concello aos seus caprichos, provocaron xa a bancarrota do Concello (cómpre recordar que o Concello de Pol ten unha débeda recoñecida de 2,7 millóns de euros), tendo que ser rescatado pola Deputación de Lugo ante a incapacidade de afrontar o pago dos gastos correntes, como as nóminas dos traballadores, o pago das facturas dos provedores ou os seguros e o combustible dos vehículos municipais. E mentres, todos vimos como, con cargo ás arcas municipais, pagou comidas pola provincia adiante que, ata o de agora, non aclarou con quen foron, polo que todo indica que foron con amigos facendo turismo».