La Diputación le exige a la Xunta que ponga en marcha un plan de apoyo a las mujeres del rural

Tomé, en los pasillos de la Diputación
José Tomé considera que el Gobierno autonómico «ten o rural abandonado»

La Diputación le exigirá a la Xunta de Galicia la puesta en marcha de un plan de apoyo a las mujeres del rural centrado en medidas que favorezcan la conciliación, la formación y el emprendimiento. El presidente José Tomé comentó que «a Xunta de Galicia ten o rural abandonado, sen políticas de axudas para que a muller se quede e teña a oportunidade de crear o seu propio ciclo vital no rural, tanto de traballo como para ter unha familia se o desexa. Iso preocúpanos porque hai datos que indican que as cidades máis grandes crecen a costa das pequenas, pero sobre todo a costa das mulleres, e iso é unha moi mala noticia».

La diputada Pilar García Porto, por su parte, recordó que «Lugo perdeu uns 100.000 habitantes nos últimos 50 anos e que desde o 2008, unha media de 1.700 mulleres mudan de residencia dentro da provincia». «Os expertos aseguran que de cada tres persoas que hoxe abandonan o rural no noso país, dúas delas son mulleres», agregó.

García Porto indicó que «concellos como Navia de Suarna ou Cervantes perderon case a metade da súa poboación feminina en 20 anos; e outros como As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Ribeira de Piquín, Samos, O Incio, Muras ou Pobra do Brollón, entre un 40 ou 45%. Outros como Portomarín, Ribas de Sil, Mondoñedo, O Saviñao o Antas de Ulla viviron neste tempo un descenso da poboación feminina superior ao 30%. Só os concellos de Lugo, Outeiro de Rei, Burela, Foz, Ribadeo e Sarria viron incrementada esta porcentaxe».

«Dende o Grupo Provincial Socialista de Lugo vimos denunciando de xeito reiterado que o deterioro dos servizos públicos no rural afecta de xeito preferente ás mulleres. E que se converte nun factor que incentiva o despoboamento, porque unha familia non pode vivir sen médico, ou conformar cunha escola mal dotada. Desde a Deputación de Lugo véñense desenvolvendo accións de apoio ás mulleres do rural, tanto no eido de impulsar servizos sociais como as residencias de persoas maiores, como no que ten que ver coas medidas de formación e apoio ás emprendedoras do rural», argumentó García Porto.