El BNG considera que el PP «contou mentiras á veciñanza de Doiras ao estar o martes sen atención médica»
El BNG ha denunciado «as mentiras do PP e da Consellaría de Sanidade, pois volveron deixar ao consultorio de Doiras sen médico sen previo aviso». La portavoz Olalla Rodil afirmó que «a veciñanza de Doiras deixou de manifesto o seu descontento polas mentiras do PP en multiples ocasións e, unha vez máis, ve como lle toman o pelo. Solicitóuselle á conselleira a reposición a tempo completo da praza de médico e fixo o que lle pareceu. É o segundo día que se atopan sen médico no consultorio e sen aviso anterior para poder organizarse. Desprazarse nos Ancares non é o mesmo que nunha cidade, teñen 20 quilómetros a través de estradas de montaña. As persoas maiores precisan organización para desprazarse, xa que, ou ven teñen que contar con familiares ou con outros veciños, e chegan ao centro de saúde e teñen que dar volta. Isto é moi pouco serio por parte da Consellaría de Sanidade».
Rodil expuso que «dende o BNG demandamos un compromiso coa veciñanza de reapertura deste consultorio xa, tal e como mantivo o PP a principios de xullo, pois defendemos a sanidade pública de todo o país, especialmente o da zona da montaña lucense, pois supón unha merma na calidade asistencial dos concellos da montaña nunha zona xeográficamente moi extensa e na que as distancias se multiplican por razóns orográficas. Seguiremos apoiando á veciñanza e levando esta cuestión ao Parlamento Galego, porque é un dereito fundamental poder a asistencia sanitaria preto do teu domicilio, porque é de xustiza social e é un dereito fundamental que non nos poden roubar».