El BNG de Guitiriz, en contra del proyecto del Parque Eólico de Satrebares
El BNG ha presentado en el pleno del Concello de Guitiriz una moción para el posicionamiento «en contra do proxecto do Parque Eólico Satrebares nas parroquias dos Vilares e Labrada». Reclaman que «o concello de Guitiriz se posicione pública e inequivocamente ao carón da veciñanza, que rexeita este proxecto, manifestando a súa oposición a este megaparque ao igual que fixeron xa o Concello de Monfero ou o de Abegondo».
Los nacionalistas también han pedido que el Concello «poña a disposición da veciñanza no menor tempo posible os recursos dispoñibeis, tanto na área de urbanismo coma na área de Medio Ambente, para informar, asesorar e colaborar cos veciños afectados directa ou indirectamente na presentación de alegacións que atendan as afectacións que se lles produzan». También que el Concello elabore «as súas propias alegacións a fin de asegurarse a posibilidade futura de poder persoarse como parte afectada nunha eventual demanda de impugnación, de ser o caso».
Los concelleiros del BNG aseguran estar «avergoñados porque, o que pretendíamos que fóra unha declaración clara e contundente por parte do Concello de Guitiriz converteuse nunha pantomima fóra de lugar por parte de partidos que equiparan os supostos beneficios que se poden obter por parte dalgún veciño e tamén, por que non dicilo, por parte do Concello; co duro golpe que recibirán as ducias de veciños e veciñas que verán como se lles instala un megaeólico de 200 metros de altura a poucos metros das súas casas. Esta veciñanza que verá perigar as máis de 30 traídas de augas veciñais afectadas, que sufrirá a instalación de torretas de alta tensión por riba dos seus lugares, que verá reducir o valor do seu patrimonio, das súas vivendas e fincas e que, en moitos casos, non van recibir nin a mais mínima compensación. Todo isto mentres outros fan un apetitoso negocio, xerando centos de miles de euros sen deixar máis que as migallas a quen sofre diariamente durante máis de 25 anos esta instalación».