El BNG de Guitiriz ha puesto a disposición de los vecinos las alegaciones al parque eólico de Satrebares. «Co fin de seguir a informar á veciñanza sobre este proxecto, este sábado concelleiros do BNG desprazámonos ata Os Vilares para poñer a súa disposición as alegacións á construción do parque», explicó la portavoz Mónica Roca.
En opinión de los nacionalistas, «non se respectaron distancias ó patrimonio arqueolóxico nin se tivo en consideración en ningún momento o patrimonio etnográfico inmaterial da zona». «Para a cidadanía, non é aceptable o argumento de que cada administración pública, neste caso o Ministerio de Transacción Ecolóxica e do Reto Demográfico do Goberno de España e, por outro lado, a Xunta de Galicia, é responsábel da tramitación dos proxectos que lle corresponden en función do reparto das competencias, xa que é unha obriga delas velar por un desenvolvemento ordenado e sostible do territorio. Nin a cidadanía nin o territorio deben sufrir as consecuencias dunha falta de coordinación entre as administracións pública e dunha falta de visión de conxunto sobre o territorio por parte delas», argumentaron.
Roca estima que «o proxecto do parque eólico Satrebares ocasiona un prexuízo grave para terras de produción vinculadas á p.a.c. e de gran capacidade agrícola e produtividade. Fragmentación das explotacións agrogandeiras e perda severa de base territorial. Impactos non avaliados no proxecto pola promotora. A falta de valoración do patrimonio etnográfico e inmaterial presente na poligonal; nesta zona temos cantidade de mámoas, medorras, petróglifos e castros; non se están tendo en conta. Tampouco se ten en conta a afectación a flora (musgo) e fauna (morcegos, anfibios, reptis, invertebrados) existente. A afectación á rede hidrográfica con numerosas fontes destas parroquias e outras que se van ver afectadas. A rede de augas subterráneas que dan lugar as fontes veríase afectada pola instalación das zapatas precisas para poñer os muíños».
«Dende o BNG non estamos en contra da enerxía eólica, pero si estamos en contra da espoliación á que estas grandes empresas teñen sometido a este país», expuso Mónica Roca.