La comida anual de los mayores de Foz que organiza el Concello, será el 2 de marzo en la carpa de la Rúa Atalaia

ana rojo
photo_camera La concelleira Ana Rojo presentando la programación de la comida de los mayores de Foz.
Consistirá en una comida gratuita proporcionada por el servicio de catering Chao de Brea, acompañado de la actuación en directo del grupo Nostalgia. La tarde culminará con un sorteo de regalos para los asistentes.

La Delegación de Servizos Sociais del Concello de Foz organiza un año más la 'Xuntanza dos maiores'. En esta ocasión será el 2 de marzo, sábado, en la carpa instalada en la rúa Atalaia.

La concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, explica que é “unha homenaxe de recoñecemento a toda unha vida de traballo, en tempos difíciles de moitas carencias, nunhas circunstancias e nun contexto social que condicionaron moito a vida e o entorno máis próximo dos nosos maiores. É de destacar o papel que xogaron homes e mulleres focegas, de todas as parroquias en todos os ámbitos do pobo para contribuír a facer un Foz mellor. É reseñable o traballo das mulleres nas tarefas do fogar, ademais de coidadoras de pais, nais, avós, fillos e netos, colaborando de maneira activa na economía familiar, traballando nas labores do campo, gandería, na venta de peixe polas casas, e de forma temporal nas conserveiras, etcétera. Polo tanto a nosa pretensión é recoñecerlles a toda unha xeración de fortes crenzas, a máis resiliente con diferenza, a súa valía é merecemento. Polo que foron, polo que son e por todo o que representan. Calquera sociedade estará máis desenvolvida canto máis respecta e coida os seus maiores. Como dato, o 30 por cento da nosa poboación é maior de 60 anos, sendo o Concello de Foz un dos que máis centenarios ten de toda a Mariña, concretamente nove”.

Ana Rojo añade “por todo isto o sábado 2 de marzo ás 14 horas celebraremos a xuntanza dos nosos maiores, na carpa instalada na rúa Atalaia, habilitada con baños e calefacción. Haberá un xantar gratuíto, servido polo catering Chao de Brea, ademais da actuación do grupo Nostalgia, que tocará en rigoroso directo, e remataremos a tarde cun sorteo de agasallos e obsequios á dona e ao cabaleiro máis lonxevos desta xuntanza. Esperamos que disfruten desta tarde noite especial, pensada e organizada para todos eles, onde poderán fortalecer vínculos e forxar amizades”.

El alcalde, Fran Cajoto, destaca “o papel dos maiores para conformar o Foz que temos hoxe: estamos en débeda con eles. Nunha época na que a tecnoloxía e a maquinaria eran testemuñais levantaron con moito esforzo este concello. En pouquiño tempo veremos tamén aberta de novo a cafetería Náutico, que volverá ser punto de encontro para todos eles -o prazo de presentación ofertas para a concesión remata o vindeiro luns, día 26- . Verémonos o 2 de marzo na xuntanza dos maiores, agardo que desfruten do xantar!”.


 

Comentarios