Seguen activos dous focos no incendio que afecta ao concello de Foz

Fotografía: Concello de Foz

O incendio, con catro focos, declarado en varias localidades do concello de Foz afectou xa a 70 hectáreas, segundo datos da consellaría de Medio Rural. 

 

 

Os lumes que afectan ao municipio mariñán de Foz comezaron sobre as 00:45 h e foron aparecendo distitintos focos ao longo da madrugada de hoxe. Algún deles, en palabras do propio alcalde, Fran Cajoto, «estivo moi preto das casas, como o que afectou ao lugar de Folgosa, en Santa Cilla, mais afortunadamente e grazas á acción de todos os medios desprazados —medio rural, GES de Cervo, protección civil, persoal do Concello, camións doutros concellos e as propias cisternas dos veciños— non houbo percances e as vivendas non sufriron danos». 

Nestes momentos, «continúan dous focos activos: un en Fontao e outro en San Acisclo, que parte das Bidueiras cara a Trasmonte; e que son os que se están intentando controlar para que non haxa máis danos», engadiu Cajoto.