Reunión en Foz para mejorar las infraestructuras portuarias del Concello
Fran Cajoto, alcalde de Foz, y el concelleiro Ángel Fernández mantuvieron una reunión con Alberto Burundarena, presidente de la Asociación A Ribeira, para trabajar en la mejora de las infraestructuras portuarias del Concello.
Cajoto explicó que «a Asociación A Ribeira leva facendo un traballo inxente desde o ano 2015: reivindicando melloras nas infraestruturas portuarias de Foz, pero tamén impulsando dunha maneira definitiva a relevancia da pesca deportiva como organizadora das quedadas de pesca e das xornadas de pesca con señuelo que se veñen celebrando na nosa vila desde hai máis de cinco anos. Desde que entramos no goberno vimos reclamando a Portos de Galicia a mellora das instalacións portuarias. Falamos do acondicionamento da explanada portuaria, da mellora das condicións e aumento de amarres en Porto Chico e da recuperación do calado cunhas dragaxes que son moi urxentes».
El regidor afirmó que «a Asociación A Ribeira preguntounos polas xestións feitas desde o Concello para axilizar a aprobación ambiental polo Ministerio de Transición Ecolóxica do estudo de impacto do proxecto de dragaxe plurianual, de 1,13 millóns de euros, que ten publicado Portos de Galicia. Agardamos que haxa boas novas en próximas datas e así llo trasladamos, despois das conversas que puidemos manter co Servizo Provincial de Costas e do apoio do Delegado do Goberno, co que nos reunimos recentemente. A Ribeira demandounos de novo axuda con este trámite e tamén unha carta de apoio ao proxecto de dragaxe. Comprometémonos con eles e mandaremos un escrito a Portos de Galicia, para que canto antes liciten a obra, unha vez superados os trámites ambientais. Preocúpanos que se retrase porque non aparece partida específica no Proxecto de Lei dos Orzamentos para o 2025 aprobado pola Xunta o pasado 17 de outubro».
Sobre la ampliación del Porto Chico, Fran Cajoto expresó que «se está a traballar nun anteproxecto. Este ano 2024 incluíase unha partida nos orzamentos da Xunta de unicamente 25.000 euros, que se repite nos orzamentos do 2025. Solicitamos unha reunión á presidencia de Portos de Galicia para coñecer o avance do documento xa en marzo do 2023 e aínda non fomos convocados. Imos solicitala de novo, para aportar de forma construtiva na fase de redacción, traballar de forma conxunta e evitar erros que dean lugar a reclamacións ou alegacións. Xa é hora de que o Porto Chico sexa útil para as embarcacións, se resolvan os problemas de oleaxe e correntes dentro do porto e se melloren os amarres en calidade e cantidade. Coas condicións que ten Foz dispoñer duns portos en condicións vaille a dar un impulso definitivo á náutica na nosa vila».