El PP de Foz advierte de que «as obras nas Casas Baratas están paradas»

Foto obra Casas Baratas

«Queremos saber cales son os motivos concretos de porque as obras nas Casas Baratas —nas rúas Irmandiños, Curros Enríquez e praza de Galicia— seguen paradas», reclama el portavoz popular, Javier Jorge Castiñeira.


Desde el PP local recuerdan que se trata «dunhas obras que se anunciaron "a bombo y platillo" por parte do presidente da Deputación de Lugo e do alcalde de Foz antes das eleccións municipais» y consideran que «non están cumprindo cos seus obxectivos, especialmente, cos prazos». «Parece que o señor Tomé e o señor Cajoto se están a burlar dos veciños e veciñas de Foz que se senten totalmente enganados por parte do ente provincial e do equipo de goberno local, formado por PSOE e BNG», lamenta Castiñeira.

Para o grupo municipal popular, As Casas Baratas «trátase dunha zona troncal da localidade que dá acceso ás praias, á zona turística de Foz e, tamén, ao Campo da Cabana e á zona portuaria». «Tal e como se atopa esta zona se están causando uns riscos e uns perigos que cremos que son inasumibles agora que se achega o verán e que haberá moitísimos vehículos circulando e moitas persoas na nosa vila. Están os pasos de cebra sen pintar, os pavimentos son provisionais, hai pedras en practicamente toda a zona e as bases das farolas están protexidas con conos», advierte Javier Castiñeira
 

«Concretamente queremos saber cando se van a iniciar novamente os traballos, se vai a ter un sobre custe esta obra e cando se vai a rematar nas condicións que se prometeron no seu momento por parte do presidente da Deputación de Lugo e do alcalde de Foz», finaliza el portavoz de los populares de Foz.  

Comentarios