El Partido Popular de Foz le pide al BNG que le exija a sus socios de gobierno del PSOE que reinicien la contratación de la Residencia de Mayores. “É hora de que, antes as comedias de Cajoto, o goberno de socialistas e nacionalistas traballen de forma serie e rigorosa sobre o novo contrato da residencia”, reclama el portavoz popular, Javier Castiñeira.
"O BNG debe decidir se quere seguir sendo goberno ou se vai a facer oposición porque, tal e como leva facendo nestes últimos cinco anos, nin é unha cousa nin é outra. Se son goberno esíxanlle ao señor Cajoto que empece a xestionar e deixe o teatro e se non o son, dende logo, deben tomar decisións. En calquera das dúas opcións, o Partido Popular sempre vai a estar aberto ás negociacións e sacar as cousas para adiante. Ao que non vamos estar dispostos é á comedia e teatro do señor alcalde ante ás institucións e unha das nosas prioridades é que a residencia siga sendo municipal”, explica el portavoz del PP de Foz.
“Non se pode consentir que Cajoto siga pintando a comedia na rúa tratando de desviar a realidade da crise da residencia que el mesmo provocou”, señala Javier Castiñeira. "O BNG, no seu día, votou a favor de que Residencia de Maiores fora municipal, igual que o PP, polo que non pode permitirlle ao señor alcalde que devolva a residencia á Xunta de Galicia co que ser perdería a prioridade que teñen os veciños de Foz para entrar na mesma" añade.