Las obras de la nueva EDAR de Foz empezarán el próximo 1 de febrero
Lo anunció hoy el alcalde, Fran Cajoto, en respuesta a las manifestaciones sobre este asunto realizadas por el popular José Manuel Balseiro.
«O señor Balseiro, unha vez máis, conta a mesma mentira, falta á realidade e volve culpar a outras administracións da falta de dilixencia da Xunta de Galicia. Ademais no mes de decembro pasado convideino a acudir ao Concello de Foz para saber a realidade do estado da depuradora, dinlle tres datas —unha en decembro e dúas neste mes de xaneiro de 2024— pero non acudiu a ningunha das citas; entendo que sería porque ten a axenda completa ou moi ocupada, pero se viñera resolvería unha dúbida e non cometería o mesmo erro nos medios outra vez. A única realidade é que o 31 deste mes de xaneiro vaise firmar a acta de replanteo para a depuradora de Foz e por tanto o 1 de febreiro comezarán as obras, cun atraso de máis de 6 anos, pero por fin empezaremos a ver máquinas traballando para resolver un problema que temos na ría de Foz, que é a vertedura de augas residuais”, explica o el regidor municipal.
Fran Cajoto añade que «é unha obra que está levando Augas de Galicia, departamento da Xunta que nos informou destas datas. Precisamente no pleno deste xoves traemos a aprobación un convenio para que o espazo no que vai ir instalado o tanque de tormentas, que é titularidade de Portos de Galicia, se poida ceder para facer parte desta infraestrutura. Así que pídolle ao señor Balseiro, aínda que xa sei que estamos en período de precampaña electoral, que non use a desinformación continua, se ten algunha dúbida que me chame ou que acuda ás reunións ás que o cito e que simplemente lle diga a verdade á veciñanza de Foz».