O próximo domingo, día 20, na área recreativa dos Castros, terá lugar a novena edición da Feira de Gando de Cangas de Foz.
Está organizada polo Concello de Foz coa colaboración do colectivo Cabaleiros de Cangas, a Agrupación Deportiva e Cultural Os Castros, a Asociación de Veciños San Pedro e a Comunidade de Montes Veciñas en Man Común Real, Rañadoiro e Agudo. Na presentación do evento participou o concelleiro de Medio Rural, Benito García Bolaño.
Eladio Basanta, de Cabaleiros de Cangas, explicou que «pola mañá haberá feira tradicional de gando, mercado, paseos a cabalo para nenos, sesión vermú, polbo, bar etc. E pola tarde teremos as carreiras de andadura e sorteo de agasallos».