Sete locais hostaleiros participarán no 'October Fest' organizado por AciaFozCCA

presentacion  October Fest
Do 12 ao 14 de outubro celebrarase en Foz a 'October Fest', que organiza AciaFozCCA.  Na cita participarán sete locais hostaleiros: Augas Santas, Bar 78, Dandy, Marexada, Namarinos, O Muelle e O Tangarte.

O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explicou que «a cervexa vai ser a protagonista desas tres xornadas de festa, que se desenvolverán durante a ponte de outubro. Nos negocios participantes poderemos atopar moitas posibilidades desde as clásicas ata as artesás e de autor».


Paleo subliñou que «o obxectivo é dinamizar esa ponte na que a Foz e á comarca da Mariña se achegará moita xente aproveitando o inicio do outono e o bo tempo do que seguimos a gozar».


O presidente de AciaFozCCA dixo que «a nosa asociación participa na campaña do Bono Activa Comercio da Xunta, que xa se poderá empregar na ponte de outubro para as compras que se realicen no comercio da nosa vila. Este é outro aliciente máis para achegarse a Foz do 12 ao 14 deste mes”. 


A 'October Fest' foi presentada polo presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, o alcalde focego, Fran Cajoto, e a concelleira de Comercio, Kathy Alonso.  Está organizada por AciaFozCCA, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz. 

Comentarios