Inés López critica al portavoz popular de Foz por «non acudir á comisión de asuntos preparatorios do pleno a informarse»
La concejala socialista Inés López Couto responde a las críticas del PP explicando que «o líder da oposición non se tería que enterar de nada pola prensa se acudira á comisión de asuntos preparatorios dos plenos a informarse, como é a súa obriga e como indica o seu posto de titular na mesma. Tamén podería acceder aos documentos do expediente que levan dende o luns á súa disposición. O señor Castiñeira continúa na súa liña de irresponsabilidade co seu pobo, non aportándolle nada, salvo palabras grandilocuentes e insultos ao alcalde».
Inés López añade: «é obvio que calquera asunto que se vai levar a unha comisión ou un pleno é para aprobalo; as sesións son para dialogar, aportar e que existan medidas que melloren a vida dos veciños. Agora o voceiro do PP sae con leccións do 2011, pero non recorda que quen aprobou a suba á actual concesionaria en pleno foi el e o seu grupo, subida que condicionou a perda do xuízo contra a mesma, xa que non lles foi necesario moito esforzo para gañalo porque o Concello regalou a súa pel e a dos seus veciñ@s. O actual goberno tivo que facer fronte a máis de 700.000 euros anuais, incluso dos anos nos que el gobernou, aprobou a subida e non a pagou. Tamén debería explicar aos veciños o que supón o lugar que elixiu para a nova depuradora de Foz, cun bombeo que vai supor máis de 160.000 euros anuais en electricidade, máis de 15 euros ao ano por abonado, por empeñarse en levala por riba do nivel do mar. Falando mal, a merda non sube».
Y López Couto finaliza la contestación al PP: «o mesmo de sempre, saír na prensa de forma, no seu caso, prepotente de verdade».