Fran Cajoto anuncia para septiembre el comienzo de la canalización de impulsión de la nueva depuradora en el centro de Foz

FRAN CAJOTO (ALCALDE DE FOZ)
photo_camera Cajoto le pide seriedad al portavoz del PP
El alcalde salió al paso de las críticas del portavoz popular Javier Castiñeira

El alcalde Fran Cajoto anunció que las obras de canalización de impulsión de la nueva depuradora en el centro de Foz. Las tuberías atravesarán las calles Otero Pedrayo, Congostra do Cura y Paco Maañón. El regidor manifestó que «grazas á insistencia municipal, as obras comezaron e a estación depuradora contará cun punto de descarga para o baleirado de fosas sépticas que se está a tramitar a través dun proxecto modificado. O goberno municipal conseguiu tamén que se mantivese a construción dun novo tanque de tormentas que se situará na praia de Llas para evitar as verteduras que se producen en períodos de choiva na parte central da praia. Sempre colaboramos ante o risco de continuar cunha ría sen depurar, aínda que non nos convenza unha solución que vai supoñer un sobrecusto anual de 150 mil euros soamente na enerxía do equipo de bombeo para elevar as augas fecais. Tampouco nos felicitamos pola rapidez dunha obra que comezou con oito anos de atraso. Creo sinceramente que non se debe enganar aos veciños».

Sobre las declaraciones del popular Javier Castiñeira en las se mostraba satisfecho por el avance de las obras gracias a la participación de la Xunta, Cajoto expuso que el portavoz del PP tuvo una «tremenda ocorrencia de dar un aplauso forzado a Augas de Galicia polo avance das obras da depuradora. Obras que son posibles, segundo recorda, pola insistencia, a tramitación, o impulso e o traballo continuo de moitas horas que está a facer o goberno municipal. O convenio inicial marcaba o ano 2016 como o de inicio das obras. Ata este 2024, oito anos despois, non comezaron os traballos e o voceiro popular vanaglóriase da rapidez. Sen embargo, quéixase amargamente do retraso dun ano nunha obra conveniada coa Deputación como é a das casas baratas. Este é o nivel».

Cajoto también habló de cifras: «A nova depuradora, que xestiona Augas de Galicia, ten un custe total de 13.467.885,58 euros: nun 80% están financiadas pola Unión Europea a través dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020 (10,78 millóns de euros). O 20% restante está financiado polas veciñas e veciños, que pagan nas súas facturas de auga cada dous meses o concepto “canon da auga”, un imposto finalista establecido na Lei 9/2010 de Augas de Galicia (2,72 millóns de euros)».

Sobre las alusiones de Castiñeira, el alcalde de Foz comentó que «o máis curioso é meter á Deputación de Lugo polo medio, cando quen recada o canon da auga é Augas de Galicia. Creo sinceramente que se está perdendo o norte das competencias, intentando crearlle máis confusión á xente. Sexamos serios. O Concello é responsable e requirimos ás empresas que evitaran a construción da canalización de impulsión nos meses de verán no centro histórico. Vamos seguir reclamando celeridade, pero tamén a máxima das calidades nas obras dunha infraestrutura que vai ter que conservar e manter o Concello e que supón un reto pola complexidade dun bombeo que atravesa o núcleo da vila».

Comentarios