El Concello de Foz se une a una iniciativa solidaria del colegio Martínez Otero con la asociación de personas con discapacidad Virxe do Carme.
La concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, explica que “o colexio Martínez Otero de Foz, e o seu alumnado de 3º de primaria, supervisados polos seus mestres veñen de idear una iniciativa solidaria que repercute directamente na asociación Virxe do Carme de Foz e dos seus rapaces con discapacidade. Esta iniciativa xurde como colaboración dende a actividade e o servizo na que se combinaron aprendizaxe con colaboración, educación inclusiva e integradora entre o alumnado do colexio e os rapaces con discapacidade. A xornada foi moi enriquecedora por ámbalas partes, compartiron opinións, dúbidas e inquedanzas, interactuando de forma espontánea, afianzando lazos e protagonizando momentos de moita complicidade, por exemplo na coreografía, onde bailaron todos xuntos como unha das actividades deste mes. Os alumnos de 3º de primaria mostráronos estas manualidades, modelándoas e pintándoas coas súas propias mans, estas creacións van encamiñadas a ese intercambio solidario de manualidade por doazón”.
Ana Rojo destaca que fue una “xornada participativa e de aprendizaxe en igualdade e diversidade funcional, fortalecendo así vínculos afectivos con dinámicas didácticas encamiñadas cara ao respecto e a unha mellor accesibilidade destes rapaces, visibilizando e amplificando as súas voces. Sen discriminacións, derribando mitos das persoas con discapacidade e promovendo a súa integración como un obxectivo real a conseguir por parte de tod@s. De tal forma dende o Concello de Foz unímonos a esta iniciativa do propio colexio, como entendemos no seu momento que estes rapaces con discapacidade merecían ter o seu espazo a modo de un local adaptado as súas necesidades, con todo tipo de material didáctico, audiovisual e informático, sen barreiras físicas nin sociais, nun entorno natural mirando a ría de Foz. Son unhas instalacións onde poden reforzar o aprendido, con terapias ocupacionais e diversos talleres, incidindo sempre nas dinámicas de integración e accesibilidade coa inestimable axuda da súa mestra, Sandra”.
La concelleira de Servizos Sociais añade que “todas as persoas que queiran participar desta fermosa iniciativa, poderán facer a achega do material escolar: libros, lápices, folios, xogos de mesa, cores, gomas, etcétera, para posteriormente ser depositados nun mostrador na entrada do colexio. Serán os propios alumn@s coa axuda da ANPA, os que farán entrega das súas propias creacións, en horario de mañás de 9:20 a 10 horas, antes de comezar as clases”.
“O Concello de Foz agradece esta iniciativa solidaria ao colexio Martínez Otero, ao profesorado, a ANPA e de forma moi especial aos verdadeiros protagonistas: os nenos e nenas de 3º de primaria pola súa espontaneidade e o seu afecto cara aos rapaces con diversidade funcional da asociación Virxe do Carme (Marcos, Fran, Javier e Rubén). Para tod@s o noso cariño máis sincero!”, finaliza Ana Rojo.
Desde el Colegio Martínez Otero señalan "Ademáis do carácter profundamente solidario da iniciativa, esta actividade é de innovadora metodoloxía, coordinada desde a materia de A&C e o departamento de Orientación, que defende a educación inclusiva na que todas as realidades teñen cabida e que está enmarcada baixo o paraugas do DUA (Diseño Universal de Aprendizaxe)". "Grazas á inestimable colaboración do ANPA do noso centro, a partir da vindeira semana durante a primeira hora da mañá, como xa se fixo coa recollida de xoguetes, na entrada do colexio haberá instalado un mostrador no que calquera persoa poderá aportar calquera tipo de material escolar: gomas, cores, lápices, tesoiras, xogos de mesa, arcilla… e incluso semillas ou plantas para a horta”.
"A cambio da donación, os membros do ANPA entregarán no intercambio unha das manualidades feitas polo alumnado de 3º de primaria, que como protagonistas da iniciativa, participará antes da subida ás súas aulas. Dende o centro de ensino, animan aos veciños e veciñas de Foz a colaborar con esta iniciativa solidaria" finalizan.