Foz tratará en pleno la licitación de la cafetería del Centro Social y el estudio de viabilidad económica del contrato del agua
Este jueves, día 18 de enero, tendrá lugar la Comisión de Asuntos Preparatorios para esa sesión plenaria.
El alcalde, Fran Cajoto, explica que «Foz continúa co traballo administrativo. Os orzamentos do ano 2024, aprobados no pleno ordinario do mes de novembro, están xa en vigor desde comezos de ano. No pleno deste mes debaterase a aprobación do expediente de licitación do contrato do servizo de cafetería do Bar Náutico, situado no Centro Social».
El regidor municipal destaca la importancia del expediente: «durante a pasada lexislatura vimos a importancia de recuperar para os nosos maiores o Bar Náutico, un auténtico punto de encontro social que fora suprimido. O primeiro paso foi crear para o gran labor social da Asociación Virxe do Carme un entorno axeitado, fito que cumprimos coa inauguración no mes de xaneiro do ano 2023 dun novo local no peirao despois dunha inversión de máis de 61.000 euros. O acondicionamento do café bar Náutico do Centro Social, no que se investiron máis de 76.000 euros, supuxo a transformación do antigo local nun espazo aberto ao mar e adaptado ás persoas con mobilidade reducida».
El alcalde añade: «o Concello fixa un horario de apertura mínimo para a cafetería desde as 9 da mañá ás 9 da noite de luns a domingo. Rematados os trámites as persoas interesadas deberán presentar a súa mellor oferta económica, tendo en conta que os maiores de 65 anos teñen uns prezos máximos establecidos».
Otro punto fundamental para el Concello que se tratará en el pleno de enero es el estudio de viabilidad económica para la concesión del servicio de abastecimiento de agua potable, saneamiento y depuración de aguas residuales del Concello de Foz, que actualmente gestiona la empresa Gestagua. Fran Cajoto explica: «temos a obriga de licitar un contrato caducado e obsoleto, para avanzar nunha mellor xestión de algo tan importante como é a auga. Neste estudo contémplase un investimento de 1,2 millóns de euros, co obxectivo de mellorar as plantas potabilizadoras de Fazouro e Cordido e anticiparnos a problemas como os acontecidos este pasado verán. Ademais inclúese un canon inicial que deberá aportar a nova concesionaria, de 1,1 millóns de euros, para melloras da rede e outras actuacións; e un canon variable, sobre o que se poderá ofertar na fase de concurso. O obxectivo é investir para ter unha auga da máxima calidade e renovar unhas tubaxes que presentan demasiadas roturas. Isto unido a unha eficaz xestión das augas residuais é unha meta que debemos acadar». Asociado a este expediente y con estos objetivos, se lleva también a pleno la modificación de la ordenanza reguladora de los precios públicos municipales correspondientes al suministro de agua potable, red de saneamiento y depuración.
Otros precios públicos que se tratarán en esta sesión son los de la Escola de Música y de las Escolas Deportivas Municipais, que quedaron pendientes del anterior pleno.