La concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “en Foz arrancouo verán e como ven sendo tradición as festas do Carme están á volta da esquina. Este ano a temporada estival estará chea de actividades en Foz:
música, teatro, danza, literatura, exposicións, homenaxes, actividades para os máis pequenos, etcétera, que encherán os parques, rúas, prazas e edificios”.
Inés López especifica que “esta primeira semana de xullo comeza con múltiples actividades, que serven como antesala á semana grande da patroa. O venres 5 darán comezo os concertos de Sons na Rúa, que poñerán música todos os venres dos meses de verán. Nesta ocasión será o turno da aula de música moderna da Escola de Música, que tocará no paseo da Rapadoira ás nove da noite. Ese mesmo venres no CENIMA inaugurarase a exposición retrospectiva da obra de Chus Lage (coñecida escultora da Mariña) a partir das 19.30 horas. O sábado 6 terá lugar a homenaxe a Olimpia Pérez (coñecida en Foz por Olimpita), unha veciña cunha historia digna de contar; haberá charla e exposición, será tamén no CENIMA a partir das 19.30 horas. Os días 5 e 6 a partir das 19.00 horas e ata a 1.00 horas na praza conde de Fontao estará a actividade Interactive super grid, que é para nenos e maiores e consiste nun taboleiro de luces led no que terás que intentar pisar só onde o xogo che indique. Esta actividade é unha novidade e estamos moi contentos de estreala en Foz”.
El concelleiro de Festas, Ángel Fernández Neira, añade que “xa a semana seguinte comeza o forte das festas do Carme. O venres 12 o Sons na Rúa será na praza Conde de Fontao, coa actuación de Mar Aberto a partir das 21 horas. O sábado 13 a partir das 19.30 horas a Sala Bahía acollerá a presentación dos libros de Antón Niñe e Xoán R. Fernández Pacios, unhas edicións moi especiais para o Concello de Foz. E ese mesmo día a partir das 22.30 horas o Festival A Nosa Fala acollerá na Praza Rosalía de Castro (Campo da Cabana) a actuación de Mallou e Habelas Hainas. O domingo 14 de xullo a partir das 20.30 horas na igrexa parroquial de Foz será o pregón das festas, este ano ofrecido por Salustiano Alonso Escalera. Ese mesmo día comezará a verbena, a cargo do grupo La Bamba, na explanada portuaria. O luns día 15, o día das alfombras, a sesión vermú estará amenizada pola orquestra Escaparate e pola noite será o turno de Kubo xunto con Escaparate. Esa noite Foz estará cheo de vida coa creación das alfombras florais; todo aquel que queira colaborar os días previos na obtención dos materiais e o mesmo día poderá poñerse en contacto cos equipos das rúas no teléfono 982.140.027 extensión 3. Esperamos que a xente se anime a colaborar na realización das alfombras florais que fan aínda máis especial a festa do Carme de Foz”.
El día grande será el martes 16 con la misa cantada por Mar Aberto a las 12 de la mañana y después la procesión. La sesión vermú estará amenizada por el grupo D’Cano y la verbena por D’Cano y a orquestra Los Satélites.
El día 17, como colofón, habrá fiesta infantil gratuita y llegará a Foz el Festival de Danza Abanea (no paseo da Rapadoira). “Queremos que @s nen@s teñan unha xornada de peche das festas dedicada a eles”, comenta Fátima Novo, presidenta de O Noso Foz. El alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que “as Festas do Carme son as que teñen un maior sentimento en Foz e son para nós moi importantes, por iso mimamos os detalles de todo o que facemos”. El alcalde, concelleiros y la presidenta de la comisión de fiestas, agradecen a Francisco Lestegás la cesión de la fotografía que ilustra el cartel y desean a los vecinos y visitantes “unhas boas Festas do Carme”.