El Concello de Foz llevará a pleno el día 27 de junio la aprobación definitiva y completa del Plan Xeral de Ordenación Municipal.
El alcalde de Foz, Fran Cajoto, recuerda que “o 18 de setembro do ano 2018 a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia aprobou parcialmente o Plan Xeral de Foz, deixando en suspenso tres zonas: terreos clasificados como urbanos entre a estrada nacional N642 e o ferrocarril, terreos clasificados como solos urbanizables industriais no entorno do parque empresarial de Foz, situado en Fazouro, e os terreos da parroquia de Cordido clasificados como solo de núcleo rural. Esta aprobación parcial provocou un grave prexuízo aos veciños de Cordido, que desde esa data non poden obter licencia para vivendas en ningún terreo da parroquia. Ao derrogar o goberno de Castiñeira as vellas Normas Subsidiarias e suspender a Consellería o Plan Xeral para o solo de núcleo rural nesta parroquia, provocouse unha situación de bloqueo que imposibilita a día de hoxe construír novas vivendas. Castiñeira aprobou o PXOM sen legalizar as captacións e a Xunta de Galicia suspendeu o Plan Xeral na parroquia de Cordido por este motivo. Desde o primeiro minuto que entramos a gobernar estivemos traballando para legalizar a captación diante de Augas de Galicia e conseguir a aprobación definitiva e completa do PXOM, para solventar unha situación de bloqueo que herdamos coa alcaldía”.
En noviembre del pasado año 2023 el Concello de Foz obtuvo de Augas de Galicia la ampliación del caudal del río Ouro y en febrero del presente 2024 la legalización de la captación de Cordido. El 4 de abril el alcalde de Foz - junto a técnicos municipales y redactores del PXOM- mantuvo una reunión en Santiago de Compostela con la Directora Xeral de Urbanismo Encarnación Rivas.
“Estoulle moi agradecido por recibirnos con dilixencia e por ser unha verdadeira reunión de traballo, na que se definiron os documentos que había que aportar para desbloquear a situación actual do PXOM. Estivemos traballando estes dous meses e agora lévase a pleno, co obxectivo claro de que aquel que queira construír unha vivenda en Cordido poida facelo e que non se desaproveite unha oportunidade de xerar emprego no parque empresarial se aparecen inversores para desenrolar o solo urbanizable industrial”, añade Fran Cajoto.
Una vez aprobado en pleno el documento será remitido a la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para su aprobación definitiva y completa.