El Concello de Foz lleva al pleno ordinario del mes de abril, que se celebrará este jueves 25 a las 20:30 horas, el reglamento de control horario para el nuevo sistema de fichaje de los trabajadores municipales.
El alcalde, Fran Cajoto, explica: «fixemos unha mesa sindical na que se trataron os distintos puntos incluídos no regulamento: recuperación de horas non traballadas, flexibilidade horaria diaria en aqueles servizos que o permitan ou os distintos métodos de fichaxe en función do posto de traballo. Unha reunión moi produtiva que teño que agradecer aos sindicatos e ao comité de empresa e da que saíu o texto definitivo que se leva a pleno».
El regidor municipal añade que es «un sistema de fichaxe que desenvolve a empresa MHP Servicios de Control SL, xa contratada, e que non só inclúe o control horario senón tamén a xestión dos días de vacacións, permisos ou ausencias do posto de traballo por distintos motivos. O sistema permitirá a fichaxe a través de tres soportes físicos situados en distintos edificios municipais, a través do ordenador do posto de traballo ou cunha aplicación no propio teléfono móbil».
Fran Cajoto destaca que «a xestión telemática das vacacións, permisos e outras incidencias vai a facilitar o traballo dos coordinadores de cada un dos servizos municipais. Recibimos un Concello do século XIX, con ordenadores de máis de 10 anos nun momento no que a informática é imprescindible; investimos en medios electrónicos, tamén na fichaxe como indica a lei, para entrar no século XXI».
Respecto a las críticas vertidas por el Partido Popular, el alcalde afirma desconocer «a que está xogando o señor Castiñeira, voceiro nestes momentos do PP local. Está cruzando a liña do moralmente correcto. Non nos vamos desculpar por cubrir as baixas de persoal que se produzan. O que si me parece incrible é que unha persoa que mantivo unha biblioteca completamente esquecida —sen bibliotecaria—, que non dispuxo durante anos de interventor municipal, que prometeu unha RPT ás portas das eleccións do 2019, pero que non foi capaz de implantar, fale así e desprece o traballo dos empregados públicos, que debemos facilitar e poñer en valor. Falar de maquinitas, de percepcións extrasensoriais e volver ao insulto é de patio de colexio. Un Concello é algo moito máis serio».