Foz estrena nueva temporada del 'Baile dos domingos' en la Sala Bahía

El Concello de Foz, en colaboración con Sanbet Agencia, estrena nueva temporada del 'Baile dos domingos' en la Sala Bahía. En horario de 20 a 23 horas y con un precio de cinco euros, esta semana actuará La Clave. El día 13 de octubre será el turno del dúo Maracaibo; el día 20 actuará el dúo Venus; y el 27 cerrará Carlos Manteiga el mes de octubre. 


La concelleira de Asuntos Sociais, Ana Rojo, anuncia: «comezamos nova tempada, outono-inverno, do baile dos nosos maiores. Unha actividade de divertimento, moi motivadora e gratificante para eles, onde ademais de facer exercicio físico con baile, escoitan música, interactúan e se relacionan. É a mellor das terapias para o seu benestar, físico, mental e emocional, a ben chamada bailoterapia. Desde o Concello queremos fomentar unha participación proactiva das persoas maiores, un espazo de encontro onde poidan ampliar moitas das veces o seu círculo social, evitando así o sedentarismo, a soidade, que moitas das veces son a porta de entrada da depresión e da tristura. Animámolos a participar, a desfrutar da tarde noite do domingo na nosa Sala Bahía, deixando a un lado os problemas».


El alcalde de Foz, Fran Cajoto, destaca el trabajo de la edil Ana Rojo y de las actividades que programa para un colectivo cada vez más activo. «Estamos moi satisfeitos de poder ofrecer unha ampla oferta de actividades. Non falamos só dos bailes, a concelleira Ana Rojo está ultimando tamén a variada programación dos cursos de inverno, tanto no casco urbano como nas parroquias. Temos cine, que nos chega da man de Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e unha ampla programación teatral disposta pola Concellería de Cultura de Inés López Couto coa obra Testosterona, de Malasombra Producciones, programada para este venres 4 de outubro ás 20.30 horas na Sala Bahía. Ademais comezamos co teatro nas parroquias e esta fin de semana poderemos desfrutar da obra A inmortal, da Asociación Cultural O Pedroso, o sábado 5 ás 19 horas na Escola de Fazouro e o domingo 6, tamén ás 19 horas, no centro social de Cangas».