La concejala de Muller e Igualdade, Elena Martínez Pena, anuncia que «como cada ano, con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Foz súmase a esta xornada de reivindicación e loita, pois é un día no que se celebran os dereitos conquistados polas mulleres en todos os ámbitos e conmemora a longa historia de loitas e sacrificios que tiveron que levar a cabo para acadalos. A nosa programación de actividades prevista para este 8M está chea de reivindicación, cultura e moita forza».
La programación dará comienzo el viernes a las 19 h con la concentración frente al Concello y la lectura del manifiesto por parte de la concejala de Muller e Igualdade y de dos compañeras de la corporación municipal que colaborarán con la misma. En este acto, también contarán con el alumnado del IES de Foz, que «fará a lectura dunhas verbas con moita paixón e cheas de empoderamento xuvenil», explica Elena Martínez, quien añade que «ese mesmo día, ás 20:30 horas, poderase gozar dunha xornada de teatro coa obra Cigarreiras, da compañía Contraproducións, que se organiza en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Foz. É unha versión teatral de Cándido Pazó sobre a obra La Tribuna, que conta as vidas das traballadoras e pioneiras no ámbito laboral da fábrica de Tabacos coruñesa». Y la concejala de Cultura, Inés López Couto, destaca que «Cigarreiras é unha obra con sete actrices moi coñecidas na que veremos o duro traballo co que as mulleres sacaban adiante ás súas familias. Facendo labores do tabaco que consumían os homes. Un amor socialmente imposible. Unha época na que o ocaso dos Borbóns está próximo e a piques de chegar a República».
Otra de las actividades que se llevarán a cabo en colaboración con la Concejalía de Cultura es la que se desarrollará el domingo 10 a las 12 h en la Sala Bahía, una jornada de teatro familiar denominada Asemblea Xeral, de la compañía Sarabela Teatro. «É unha obra sobre a igualdade de oportunidades entre a sociedade», explica Inés López.
Además, la concejala de Muller e Igualdade anuncia que «xa o martes 12 ás 18:30 horas na Casa da Cultura Poeta Manuel María os máis pequenos poderán disfrutar dun contacontos pola igualdade con Marisa Irimia, natural de Foz, que amosará o seu espectáculo Rapazas de conto, unha selección de contos feita para reflexionar sobre a desigualdade entre nenas e nenos, dunha forma teatral, dinámica e, sobre todo, moi, moi divertida. Historias que levarán ao público por corredoiras sorprendentes onde coñecerán mulleres valentes que escollen o seu propio destino e rompen cos estereotipos de xénero. O domingo 17 de marzo, ás 11:00 horas na Sala Bahía, haberá un obradoiro no que nenas e nenos a partir dos 3 anos poderán gozar de diferentes actividades sobre a Igualdade, xa que consideramos que é un dereito que se ten que educar xa desde idades temperás. E por último, xa durante o mes de abril, e en colaboración coa Aula Universitaria de Foz, levarase a cabo no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA) unha exposición sobre a trata de mulleres realizada desde o Servizo de Atención a mulleres vítimas de violencia, trata e explotación sexual, de Cáritas Diocesana de Lugo».