Los meses de abril y mayo vienen cargados de actividades en la Casa da Cultura de Foz. Durante las próximas semanas, la Biblioteca Salgado Toimil organiza diferentes actividades para invitar a grandes y pequeños a la lectura y a acercarse a los libros.
La edil de Cultura, Inés López Couto, explica que «no mes de abril celébranse os días do libro infantil e do libro e no mes de maio o Día das Letras Galegas, así que queremos dedicar estes meses a achegar á lectura e outras actividades relacionadas coa biblioteca á sociedade. Todas as actividades son na Casa da Cultura, ou ben no salón de actos ou na propia biblioteca. Comezamos esta programación na semana santa xa que a primeira actividade foi o martes 26 cun contacontos e continuamos este pasado domingo con teatro. A seguinte actividade será este venres 12 ás 18.30 horas con teatro, cunha representación de Carmen Domech: "Onde viven os monstros". As seguintes actividades programadas son os venres 19 e 26 de abril e 10 de maio. Todas ás 18.30 horas. A primeira delas un obradoiro para crear portalibros (esta actividade necesita anotarse no teléfono 982.140.675). O venres 26 chegará a representación "O traxe novo do rei". O día 10 será a quenda dun obradoiro de lettering ou caligrafía (tamén haberá que anotarse para participar nesta actividade). E finalmente ese mesmo día 10 ás 20.15 horas, en colaboración coa UNED, poderase disfrutar dunha charla coa escritora focense Natalia Alonso. Para rematar, o martes 14 haberá dúas sesións para centros escolares da obra "A nena do violino e a poesía", de Trémola Teatro, para celebrar o Día das Letras Galegas».
El alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que «a cultura para nós é un eixo importantísimo e queremos achegala á sociedade desde a infancia».
La concejala de Cultura agradece «o enorme traballo que se está a facer desde a biblioteca municipal e esperamos que todo o mundo desfrute desta programación chea de actividades».