El Concello de Foz llevó a cabo en San Acisclo la mejora del firme de la vía de acceso al barrio de Raúlfe desde la carretera LU-152 (Foz-Ferreira). La actuación completa, presupuestada en 37.924 euros, está financiada por cuatro administraciones: Concello de Foz (21%, correspondiente al IVA), Unión Europea (49,6%), Xunta (23,1%) y Ministerio de Agricultura (10%).
El alcalde, Fran Cajoto, explica que «os traballos realizados consistiron na limpeza de marxes e cunetas do camiño, a construción de dúas novas taxeas para a drenaxe das augas de chuvia e a mellora do firme da vía cunha nova capa de aglomerado en quente. A actuación completouse nos 620 metros de lonxitude do camiño, estando pendente de realizar o formigonado dun treito de 25 metros de cuneta e o pintado das marxes do mesmo e colocación de novas sinais de stop».
Fran Cajoto añade que «esta é unha obra que realizamos dentro do Plan de Mellora de Camiños do Concello de Foz, que imos completando segundo os orzamentos dispoñibles. Dentro desta licitación, contratada por procedemento aberto a Carferlo SL, está incluída tamén a mellora de firme de dous camiños na parroquia de Nois: a vía de acceso ao apeadoiro de FEVE desde a estrada nacional e o camiño de acceso ao centro social A Saira».