Xa se coñecen os 15 gañadores dos 1.000 euros en vales de compra de AciaFozCCA

Xa se coñecen os nomes das gañadoras e dos gañadores dos 1.000 euros en vales de compra que AciaFozCCA sorteou na súa campaña de Volta ao Cole.

O sorteo, que tivo lugar esta mañá en Radio Foz, foi conducido por Anxo Rivas. Na cita participaron a concelleira de Comercio, Katy Navarro, e a xerente de AciaFozCCA, Ana Segade.


Os premiados con 50 euros en vales de compra foron:


Carmen Álvarez, por unha compra feita en Ginzo Hombre Mujer
Ester Sánchez, en Don Zapato
Rocío Nicolás, en Mi casa
Iñaki Aznares, en Alain Afflelou óptico
Manuel Fernández, en Pastelería Xoyma
Raul Freijanes, en Xoguetería Bahía
Teresa Rivera, en Tien 21 Electrodomésticos Celso
Chicha Ferreiro, por unha compra realizada en Unique 2
Maruja Eijo, en Carnicería Mercedes
Mari Fernández, en Lourdes Moda Íntima y Baño


E os premiados con 100 euros en vales de compra foron:


Vera Ferreira, por unha compra en Lencería Esther
Minda Moscoso, en Longarela
Susa Martínez, en Chuvia
María Neira, en Pastelería Anduriña
Mª Carmen García, en Infotec


O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, agradece a participación na campaña e felicita ás afortunadas e aos afortunados. A entrega de  premios terá lugar mañá, 22 de setembro, no Cenima.