Presentada a nova coordinadora da Aula da UNED de Foz
Nesta primeira reunión de traballo, que serviu como presentación, a directora e a nova coordinadora fixaron as liñas directrices para o desenvolvemento da Aula ao longo do curso 23-24, onde se imparte presencialmente o Curso de Acceso a Maiores de 25 e de 45 anos e a titulación de grao en Turismo. Aínda que cabe destacar que todas as materias das titulacións que se imparten na UNED de Lugo se poden seguir en liña en directo ou diferido evitando o desprazamento do alumnado e unha maior flexibilidade e facilidade para a conciliación da vida persoal, laboral e académica. Asemade, analizaron o desenvolvemento do proceso de matrícula na aula, cuxo prazo se pecha o vindeiro sábado, día 21 de outubro, para o Curso de Acceso a Maiores de 25 e 45 anos e o vindeiro luns, día 23 de outubro, para graos e cursos de idiomas.
Doutra banda, ambas analizaron as temáticas que serán obxecto de formación non regrada a través da programación de extensión universitaria da aula, onde xa hai programadas actividades de temáticas variadas como son: moda, afrontamento de cambios vitais, francés nivel A2, Constitución para opositores, preparación do Celga 3 e 4, a Lei de Protección Integral da Infancia e da Adolescencia, Muller...