AciaFozCCA entregou os premios do sorteo 'Volta ao cole'

Os afortunados e afortunadas recibiron os seus agasallos da man do alcalde de Foz, Francisco Cajoto; da concelleira de Comercio, Katy Navarro; e de José Carlos Paleo, presidente de AciaFozCCA. 

Esta campaña, feita en colaboración co Concello de Foz e a Xunta de Galicia, sorteaba —entre as persoas que compraron no comercio asociado entre o 25 de agosto e o 16 de setembro— un total de 1.000 euros en vales de compra, repartidos en cinco premios de 100 euros e dez premios de 50 euros. Os nomes dos gañadores e gañadoras coñecéronse xa o día 21 de setembro a través de Radio Foz. 


Os premiados con 50 euros en vales de compra foron:


Carmen Álvarez, por unha compra feita en Ginzo Hombre Mujer
Ester Sánchez, en Don Zapato
Rocío Nicolás, en Mi casa
Iñaki Aznares, en Alain Afflelou óptico
Manuel Fernández, en Pastelería Xoyma
Raul Freijanes, en Xoguetería Bahía
Teresa Rivera, en Tien 21 Electrodomésticos Celso
Chicha Ferreiro, por unha compra realizada en Unique 2
Maruja Eijo, en Carnicería Mercedes
Mari Fernández, en Lourdes Moda Íntima y Baño


E os premiados con 100 euros en vales de compra foron:


Vera Ferreira, por unha compra en Lencería Esther
Minda Moscoso, en Longarela
Susa Martínez, en Chuvia
María Neira, en Pastelería Anduriña
Mª Carmen García, en Infotec