El Concello de Foz llevará al pleno de esta semana un reconocimiento extrajudicial de facturas de 811.000 euros de 2024

La concelleira Inés López afirma que «se está traballando a tope para poder solucionar o que non se tramitou en meses»

El Concello de Foz llevará al pleno de esta semana un reconocimiento extrajudicial de facturas de 811.000 euros que, según afirmó Inés López, concelleira de Facenda, «non foron tramitadas no ano pasado por falta de técnicos para facelo». La portavoz municipal también arremetió contra Javier Castiñeira, portavoz del PP, de quien dijo que hace «demagoxia, desinformando interesadamente».

López Couto manifestó que «unha administración ten una enorme tramitación administrativa e son necesarias as sinaturas de varias persoas para poder aprobar e pagar unha soa factura. Neste caso, a sinatura do interventor é indispensable e Foz estivo sen está persoa durante moitos meses pola falta destes técnicos a nivel nacional, polo que o traballo estancouse; e obviamente o Concello non para, pero se a intervención non pode tramitar xerase un problema. A nosa obriga é xestionar, por iso en canto entrou un novo interventor interino axilizouse a liquidación do orzamento 2024 e o recoñecemento extraxudicial coa tramitación máis rápida para que os provedores que fixeron os seus traballos para o Concello poidan cobrar e non se retrase máis, pero esta tramitación conleva unha aprobación plenaria, non polo feito en si das facturas senón polo principio de anualidade orzamentaria, xa que son facturas dun exercicio pechado. Se o señor Castiñeira quere ir contra todos pode seguir a liña da xunta de voceiros, onde expresou que votaría en contra, intentando que os traballos non se paguen, só por prexudicar ao goberno. Iso é altura de mira».

Al respecto de la votación que se llevará a cabo en el pleno de esta semana, Javier Castiñeira, portavoz del PP, afirmó que «aínda non sabemos o que votaremos. Pero o BNG xa anunciou que se absterá, polo que a medida sairá adiante». El popular agregó que «ata o de agora, sempre nos abstivemos. Seguimos pensando que os proveedores deben cobrar. Pero o Goberno local deberá empezar a traballar con rigor, porque o BNG formou parte do Goberno en 2024, pero non o fará en 2025 e non dará carta ancha ao que se faga».

La concelleira de Facenda, por su parte, insistió en que «se está traballando a tope para poder solucionar o que non se tramitou en meses, e queremos agradecer o traballo de todo o persoal de Intervención, que está a tope, e o resto do persoal doutras áreas, que está axudando a levar a cabo todos os expedientes. É importantísimo volver a poñer ao día o Concello». «Nós non deixamos cousas sen pagar, estamos tentando solucionar todo, como tivemos que solucionar o que deixou sen pagar el. O importante é estar para solucionar os problemas que saen e iso é o que se está facendo. Se a oposición quere ir contra o seu pobo poden seguir na súa actitude de todo non», apuntó.

La oposición
Acerca de la posición del PP, Castiñeira insistió en que «non hai que dudar da situación económica do Concello, porque non hai débedas, senón, máis ben, mala xestión. Esta mala xestión leva a que sempre sofren os mesmos. Hai facturas de 18.000 euros, o límite dos contratos menores, e gastáronse cartos sen pasar o procedemento regulamentario. Mentres, o alcalde culpa ao interventor ou a que non había as persoas adecuadas na área de contabilidade».

El portavoz del PP manifestó que «hai exemplos claros, como a colocación das luces de Nadal, nos que hai dúas facturas de 18.000 euros, unha pola colocación e outra polos materiais. Ou contratos verbais, que non se poden facer». Castiñeira reclama un nuevo modelo de gestión por parte del Gobierno municipal: «O PP sempre é unha opción de Goberno e o BNG nunca se puxo en contacto con nós despois de saír del. Non hai probabilidade ningunha dun pacto entre os partidos da oposición. Pero hai que recordar que nós xestionamos en minoría durante oito anos nun modelo no que era necesario pactar, ceder, conversar... Para iso fai falta talante. Nós sacaramos adiante un plan xeral, a ubicación da nova depuradora, orzamentos... Pero para iso hai que escoitar aos demais. Senón, o señor Cajoto irá sacando as cousas a machete. Non se pode culpar á oposición de que non se pague. Todos gañamos con orde e rigor».