La concelleira de Facenda de Foz exige al PP a «ser rigoroso» sobre la modificación de la ordenanza del IBI
Inés López Couto, concelleira de Facenda de Foz, insta al PP a «non dar datos ao chou escollidos dos informes sen lelos despois das afirmacións erróneas do líder da oposición, o señor Castiñeira, sobre o imposto de bens inmobles (IBI). Sabemos que os datos dos informes poden utilizarse de forma neglixente, pero neste caso é unha barbarie. Os datos da tesourería indican que a recadación prevista para o 2025 é de 2.847.754 euros, fronte aos 2.833.975,16 euros previstos para este ano. O incremento é de só 13.779 euros, un 0,5% máis, e non o que di o líder da oposición dun 3,8%. Son datos e hai que dalos e non malinformalos. Se non entenden os informes, poden esperar á comisión informativa para ter máis datos, antes de saír a faltar ao respecto porque si».
López Couto explica que «o señor Castiñeira subiu o IBI de forma lineal máis dun 50%, no peor da crise do ladrillo, cando peor o estaban a pasar as familias. Ademais a nós,nunca se nos ocorrería inventarnos unha bonificación que estivera fóra da lei, tal e como prometeu o 14 de abril de 2023 o señor Castiñeira, indicando que ía bonificar aos empadroados, o cal está fora de toda normativa e aínda non nos explicou a que punto da lei se ía acoller».
«Cremos na progresividade e na xustiza social, por iso a proposta establece unha bonificación ás familias numerosas en función dos seus ingresos, tal e como marcamos no programa electoral. Igualar os tipos serve para que os veciños do rural non se vexan prexudicados. Sexamos serios; unha subida no tratamento do lixo a metade de curso como fixo Sogama (os custes increméntanse máis dun 33%) sen ningún aviso e cando o orzamento xa está aprobado, moi por riba da subida das taxas do lixo que non chegarán para pagar este incremento, é un ataque sen escrúpulos á administración máis pequena, que son os concellos».