El alcalde de Foz, Fran Cajoto, solicitó nuevamente y por escrito una reunión con la conselleira de Política Social, Fabiola Martínez, después de no haber obtenido respuesta alguna a la misiva enviada el pasado 10 de junio. «Son tres meses sen resposta a unha solicitude de reunión urxente. A conselleira está incumprindo o convenio asinado co Concello, no que o Consorcio de Igualdade e Benestar comprometíase a ceder a propiedade do edificio e mobiliario da residencia e centro de día de Foz: seguimos sen noticias de ningún tipo, necesitamos poder falar con ela», explica el regidor municipal.
Cajoto añade que es «un modelo de xestión herdado do Partido Popular e que non foi posible cambiar en xaneiro do 2023, cando vencía o anterior convenio. A problemática das tarifas deriva dos compromisos adquiridos polo anterior alcalde, o señor Castiñeira, en 2017 coa Xunta. Queremos avanzar. Todos os veciños de Foz estamos a facer un esforzo moi importante con fondos enteiramente municipais para suplementar os prezos do anterior contrato e pagar as prazas dos 40 residentes. Estamos a falar de 370.000 euros anuais, cando se trata dunha competencia autonómica».
El alcalde continúa: «o proceso non debe rematar coa adxudicación á empresa que resultou máis puntuada na licitación pública e aberta; temos a obriga de aumentar as prazas da residencia e de artellar coa Xunta de Galicia os mecanismos para que a administración autonómica achegue o que lle corresponde. A conselleira debe escoitar ás veciñas e veciños de Foz, que están representados polo seu alcalde».