O próximo domingo, 2 de xullo, Foz acollerá unha nova andaina solidaria contra o cancro organizada pola delegación local da Asociación Española Contra el Cáncer (AECC), o Concello de Foz e o Club de Montañismo Os Sendeiros.
A saída realizarase ás 10 h desde a Praza do Concello e o prazo de inscrición remata o venres 30 de xuño. Desde a organización animan á veciñanza a participar e a solidarizarse coa causa.