A XXXI Festa da Faba, en Lourenzá, celébrase esta fin de semana e, desde Aquí Diario, quixemos celebrala elaborando un especial que poderá descargarse en formato PDF. Nas súas páxinas poderás atopar toda a programación e un amplo abano de protagonistas destas festas e textos sobre o municipio.
Así pois, a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, fala da importancia desta festa para o concello e afirma que «a faba é, xunto ao patrimonio, o selo de identidade da vila». O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL), Javier Huertas, fai un balance da tempada estival canto ao comercio laurentino. Por último, José Cuadrado, presidente da Cooperativa Terras da Mariña e do Consello Regulador IXP Faba de Lourenzá, debulla as características específicas da nosa faba e os retos que ten por diante o sector.
Descarga o PDF na seguinte ligazón: