A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá un concerto o 25 de xullo
Así o anunciou o director da banda ribadense, David Ballester, que manifestou que «co concerto do 25 de xullo, que será no Campo de San Francisco ás oito e media da tarde, celebraremos o Día de Galicia cun repertorio variado, tanto de música galega como doutros estilos». En caso de mal tempo, o concerto terá lugar no Teatro. Ademais, Ballester engadiu que este sábado, 22 de xullo, a Banda Municipal de Música de Ribadeo participará nun encontro de bandas que se celebrará en Meira.
Festival de bandas
David Ballester adiantou tamén que o sábado 29 de xullo terá lugar o festival de bandas ribadense, no que participaran a banda local xunto coa de Vilalba. «Ás sete da tarde faremos un pequeno pasacalles dende o Teatro ata o Campo de San Francisco e a continuación, ás 19:30 horas, terá lugar o concerto no auditorio Hernán Naval, onde as bandas farán primeiro unha actuación individual e despois tocaremos unhas pezas as dúas xuntas, con todos os integrantes», explicou o director.