La Mancomunidade de Concellos pone en marcha un Plan Director del Turismo Gastronómico

xuntanza turismo gastronomico Mancomunidade

La Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense avanza en la ejecución del Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, cofinanciado por la propia Mancomunidade, —con el apoyo de la Deputación de Lugo—, la Xunta de Galicia y la Secretaría de Estado de Turismo. Ahora acaba de adjudicar la elaboración de un Plan Director del Turismo Gastronómico en A Mariña Lucense. 

Desde la Mancomunidade explican que «a gastronomía é un segmento imprescindible na proxección da Mariña como destino turístico de calidade, un reclamo para a diferenciación e unha oportunidade para favorecer a desestacionalización e o incremento do gasto medio, captando a atención de visitantes que esperen coñecer, degustar e gozar dunha cultura gastronómica con identidade, ben como complemento que achega valor á estancia, ou ben —máis a longo prazo— para aqueles que consideran a gastronomía a motivación principal da súa viaxe».


Rocío López, presidenta de la Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, se refirió a esta actuación: «pola súa potencialidade A Mariña aspira a ser un destino destacado do turismo gastronómico en Galicia, conformando unha proposta competitiva asociada a valores como o respecto pola cultural local e a tradición, a autenticidade e a sostibilidade. E para abordar a consecución destes obxectivos contratouse a elaboración dun Plan Director do Turismo Gastronómico na Mariña. Este proxecto ten como obxectivo propoñer unha estratexia competitiva clara para o turismo gastronómico na Mariña e un plan de acción con medidas que permitan desenvolver e mellorar produtos e experiencias de turismo gastronómico baseados na cadea de valor da gastronomía local, promocionar e apoiar a comercialización da oferta actual e definir un posible modelo de colaboración e gobernanza».


La gerente del Plan de Sostibilidade Turística, Tania Hermida, contó que «vimos de manter unha primeira xuntanza con algúns representantes da cadea de valor no ámbito da gastronomía no territorio —produtores, restauradores, obradoiros, formadores e coñecedores da actividade— que tivo por obxecto informar do proxecto que se está levando a cabo e recoller achegas e ideas que permitan perfilar os principais retos estratéxicos para a actividade e comezar a trazar a folla de ruta do turismo gastronómico na Mariña nos próximos anos. Trátase dun proceso que vai a continuar ao longo destes meses con máis xuntanzas e entrevistas individuais a axentes clave no ámbito da gastronomía na Mariña».


La presidenta de la Mancomunidade, Rocío López, añadió: «ademais deste traballo, seguimos avanzando no resto de actuacións recollidas no PST, como os estudos de capacidade de carga en once lugares de especial fraxilidade, a redacción do proxecto técnico para o Centro BTT na Mariña Lucense, da rede de rutas de sendeirismo, o SICTED, a reactivación da Ruta Pardo de Cela ou os pregos de contratación para as accións recollidas no plan de marketing turístico da Mariña de cara os próximos anos, entre
outros
».