Dolores García Caramés e Dani Vega recibiron o premio 'V de Veciño Exemplar'

231023 Dolores premios Veciño
photo_camera Dolores García Caramés, acompañada de Alfonso Villares e Javier Arias
Os rexedores de Cervo e Ribadeo, Dolores García Caramés e Dani Vega, recibiron a V de Veciño Exemplar durante a celebración da XXI edición do Día do Veciño que organiza a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo ‘Lucus Augusti'.

Estes son uns premios que recoñecen o labor daquelas persoas que destacan polo seu compromiso coa dinamización dos nosos territorios e a súa colaboración co movemento veciñal.

A alcaldesa de Cervo quixo amosar o seu agradecemento á Federación por pensar nela para este galardón tan especial que quixo compartir con todos os cervenses. Así mesmo, tamén trasladou os parabéns á organización por este encontro veciñal «no que desfrutamos moito e que cada ano reúne a milleiros de persoas e que é toda unha homenaxe ao importante papel altruísta que desempeñan as asociacións de veciños en prol do desenvolvemento de cada recuncho da nosa provincia!».

O alcalde de Ribadeo, pola súa banda, quixo tamén agradecer o premio recibido e manifestou a súa intención de «seguir traballando todo o tempo para ser merecedor do recoñecemento que nos deu a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo». 

Comentarios