Aquí Diario presenta a súa axenda da Mariña

Captura axenda

Descubre a mellor axenda cultural e de ocio da comarca da Mariña na nosa páxina. En Aquí Diario poderás encontrar unha coidada selección dos eventos, espectáculos e actividades culturais que terán lugar na zona. Desde exposicións de arte ou proxeccións de filmes ata concertos e festas, coa nosa axenda poderás manterte informado de todo o que ocorre na escena cultural mariñá. 

Desde xeito, Aquí Diario, o xornal dixital da Mariña que saía á luz hai  case tres meses, conta cunha nova sección que se suma ás xa habituais onde poderás atopar noticias, opinión, reportaxes e entrevistas cunha visión renovada e fresca de todo o que acontece na túa comarca. Un paso máis no marco dun proxecto editorial que procura ofrecer a todos os mariñáns unha información rigorosa, veraz e de calidade. 

Comentarios