O actual alcalde de Foz e deputado provincial socialista, Fran Cajoto, anunciou esta mañá a súa despedida como presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña.
O anuncio fíxoo na rolda de prensa da presentación da cuarta edición de A Mariña en Ruta, proxecto promovido pola propia Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.
Cajoto, que levaba máis de tres anos no cargo, non quixo adiantar quen será o seu substituto ou substituta, á espera de que se reúna a asamblea. Todos os rumores apuntan a que a nova presidenta do ente comarcal será unha alcaldesa do PSOE.